A organización das Xociviga anuncia o fallo do concurso de Tik Tok

Despois de revisar tódalas pezas do 1⁰ Concurso de TikToks, organizado polo concello para esta 39ª edición das Xociviga, os xurados da Asociación Xociviga e da Asociación Fotográfica O Potiños anunciaron o fallo.

Decidiron outorgar o primeiro premio a Rebeca Tella pola súa peza “Silencio”, que trata o tema de xeito novidoso co uso de recursos temporais, visuais e sonoros, e o segundo premio a “SOLO” de Miguel López, polo seu interesante xogo estético coa imaxe real e a animación. Ademais, o Xurado Xociviga decidiu facer unha mención especial á obra “Filma no Carballiño” de Noelia Soto e Jose González, polo seu valor coma reportaxe da vila.”

AVANTAR ACTIVIDADES