Triple programación no Novo Cine de Leiro esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Por unha banda teremos “Guardianes del museo”. Un mozo gato chamado Vincent fai equipo cun ratiño chamado Maurice nun intento de escapar dunha inundación nun vello piano. Un grupo de mariñeiros recolle o instrumento e envíano ao museo. Vincent coñece a un escuadrón de gatos de elite que levan anos protexendo obras mestras dos roedores e outras alimañas. Poderase ver o venres e o domingo ás 16:00 horas e ás 18:00 horas e o sábado ás 16:00 horas.

Por outra banda, “Kunfu panda 4”. Sigue a Po nas súas incribles aventuras na antiga China, cuxo amor polo kung fu só se combina cun apetito insaciable. Poderase ver o sábado ás 18:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, por último, “The color purple”. En 1909, Celie, unha moza negra estadounidense, é casada polo seu pai abusivo a un granxeiro local, Albert, que a trata con crueldade. Celie pidelle a Deus e a súa liberación vén en forma de cantante de jazz. Adaptación da novela de Alice Walker sobre as loitas dunha muller afroamericana a principios do século XX. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:00 horas.