A Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chain estará mañá no Carballiño

O sábado 30 pola mañá estará no Carballiño a Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chain, do Concello de Gondomar, formación típica na súa contorna e nestas datas, comezando os ensaios no mes de setembro para mostrar nestas datas o traballo resultante d 3 meses, de persoas non profesionais, que van por hobby para aprender e disfrutar da música dunha maneira diferente.

Durante a mañá deste sábado poderá disfrutarse do seu pasarrúas e espectáculo versionando temas moi coñecidos coma Bon Jovi, Mónica Naranjo, Mago de Oz, entre outros; e sen olvidarnos do desfile dos abandeirados que encabezan este tipo de rondallas.

AVANTAR ACTIVIDADES