O concello de Cenlle busca un auxiliar para a biblioteca e novas tecnoloxías

O concello de Cenlle abre a convocatoria para a contratación laboral dun auxiliar de biblioteca, OMIX e novas tecnoloxías, contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas) e con 6 meses desde a data da sinatura. O sistema de selección será de concurso-oposición. As solicitudes poderán presentarse nos seguintes 10 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.