A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Carballiño fixo entrega no rexistro do concello das firmas recollidas para pedir á consellería de Sanidade un servizo de pediatría digno. En total conseguiron o apoio de 8.451 persoas, que deixaron a súa firma en tan so un mes.
Para o vindeiro día 14 convocaron unha nova concentración, deste xeito en forma de cacerolada, para ser escoitados en toda Galicia. Consideran que as solucións que están dando dende Sanidade son parches que non arranxan o servicio deficitario co que contan actualmente e seguirán loitando.