A Plataforma en Defensa da Sanidade pide apoio para a manifestación pola pediatría deste domingo

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Carballiño segue na súa loita por reclamar un servizo de pediatría digno. Hoxe desprazáronse ata o Centro de Saúde e amosáronse moi ilusionados polo apoio que están recibindo na súa causa.

Pero a súa loita no remata aquí. Para o vindeiro día 14, o próximo domingo, convocaron unha nova concentración, deste xeito en forma de cacerolada, para ser escoitados en toda Galicia. Será ás 12:30 horas na Pista Vermella. Consideran que as solucións que están dando dende Sanidade son parches que non arranxan o servicio deficitario co que contan actualmente e seguirán loitando.

AVANTAR ACTIVIDADES