A Deputación edita en facsímile a 3ª edición corrixida e aumentada de “Aires dá miña terra”, de Manuel Curros Enríquez

A Deputación de Ourense está agora mesmo en proceso editorial para poder sacar á luz os libros aprobados no concurso de edicións e publicacións do ano 2023 fallado no mes de setembro do devandito ano. Un dos libros que se aprobaron é o que se edita agora: unha edición facsímile da 3º edición corrixida e aumentada de Aires dá miña terra de Manuel Curros Enríquez, do ano 1886. 

Foi presentada pola Fundación Curros Enríquez ao concurso de Publicacións que, todos os anos, a Deputación pon ao dispor do público en xeral e de entidades sen ánimo de lucro. Ditas obras son valoradas por un consello asesor, que pon en valor a calidade da obra e o interese para a provincia dos traballos presentados elixindo por consenso as obras que merecen ser editadas.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Este traballo ten unha calidade contrastada que non se pode poñer en dúbida, por ser o libro por excelencia dun dos grandes creadores literarios galegos. Contén un prólogo de Felipe Ferreiro e unha explicación dos motivos da súa publicación expostos por Antonio Piñeiro. 

Con este libro a Deputación de Ourense -que xa editou no ano 2021 O cancioneiro do Miño. Lendas e tradicións de Ourense, de Valentín Lamas Carvajal-, ten agora a oportunidade de rescatar a outro dos responsables ourensáns do “Rexurdimento Galego “. 

A terceira edición corrixida e aumentada de “Aires dá miña terra” de Curros Enríquez poñerase á venda no negociado de publicacións da Deputación de Ourense e nas librerías, por medio das distribuidoras da institución provincial: Galaxia para Galicia e Alcantarilla distribucións para o resto de España a un  prezo de venta ao público de 18 € + 4% IVE: 18,72 €, que é o prezo público fixado pola xunta de goberno da Deputación.