O 23º Cross de Boborás reunirá a 162 persoas este domingo

O concello de Boborás organiza para este domingo a 23ª edición do Cross. Trátase dunha proba consolidada dentro deste ámbito deportivo. O percorrido será de 7.400 metros, 4.500 metros e 700 metros, respectivamente segundo as categorías.

O remate da proba ademais da entrega de premios haberá avituallamento e chocolate quente con queique. Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada participante dos 162 inscritos deberá de achegarse ao punto de entrega de dorsais e chips, situado no interior do edificio sociocultural “Manuel Chamoso Lamas”, para recoller o seu con antelación suficiente cun mínimo de 30 minutos de antelación á disputa da proba.