O Partido Popular pedirá ao concello a posta en valor da praza de abastos

O grupo municipal do partido popular no concello do Carballiño avoga por unha praza de abastos próxima os veciños/as, atractiva a tódolos efectos e que supoña unha dinamización dos postos existentes e a creación/recuperación de novos. A súa petición fixérona a través da seguinte moción que levarán a pleno:

“É obrigación de calquera institucións velar pola promoción, mantemento e desenvolvemento de todas as súas instalacións, así como da actividade que nelas se desenvolve. Non é unha excepción as prazas ou mercados municipais.

AVANTAR ACTIVIDADES

A actividade comercial da praza de abastos é un problema que ven de lonxe, hai moitos anos que por parte do concello non se actualizan as instalacións e tampouco se dinamiza o potencial comercial da mesma, sobre isto deberíamos reflexionar e buscar fórmulas para facer o mercado mais atractivo tanto para quen queira abrir un novo negocio como para potenciar a clientela.

Neste sentido basta unha visita o mesmo ou unha reunión cos que alí están hoxe, para constatar unha serie de problemas que se levan arrastrando anos e que en ningún momento se viron atenuados, tan só algunha mellora puntual que agora mesmo nin
se aprecia.

As instalacións están descoidadas, desfasadas e moi necesitadas dunha revitalización e dinamización que dea vigor ao mercado. A esta situación chegouse por unha falta de inversión sostida no tempo que desencadeou o que hai hoxe en día. Exemplos desta falta de modernización é, non dispor de Wifi, o sistema de climatización é inexistente, a accesibilidade deixa moito que desexar, e a maiores, o non contar cuns postos atractivos e iguais en deseño e decoración, como o seu estado de conservación non contribúe precisamente a unha imaxe do que debería ser.

En canto a promoción do propio mercado observamos unha insuficiente sinalización no seu interior, de portas a fora tampouco é moito mellor, non constan carteis polo pobo con
indicacións que inviten achegarnos a el; bótase en falta campañas de publicidade específicas que sirvan para dalo a coñecer entre a xente mais nova e promover o recambio xeracional entre a clientela.

A lexislación que regula a praza ou mercado de abastos está obsoleta, a mais recente data do 30 de xullo 1.965 , polo que non estaría de mais elaborar a mesma e así saber con que postos contamos, darlle unha ocupación os que están baleiros sen
prexudicar os actuais, contribuír a incorporación de novas actividades comerciais, regular o prazo de concesión, o procedemento, o canon….etc

Despois de moitos anos, despois do paso de distintos grupos municipais, tanto no goberno coma na oposición sen ser capaces de rehabilitar, fixar e crear novos postos de traballo traemos a pleno unha moción para a transformación do actual mercado así
como a proposta de sacar polo procedemento mais adecuado os postos baleiros. Somos conscientes que este é un traballo de todos e entre todos.

Precisamos orientalo de tal maneira que as dúas plantas das que dispón, sexan un punto de referencia e sexa unha das opcións mais demandada na nosa actividade comercial.
Contando coa excelente localización, o grupo municipal do PP no Carballiño está convencido que este proxecto levado a cabo co mimo e a consideración que precisa será outro reclamo turístico co que contaría este concello.

Hoxe en día, calquera dos mercados rehabilitados, de calquera concello xa non supón so a posibilidade de novos postos de traballo, de actividade económica, de motor de desenrolo senón que son unha atracción turística mais.

SOLICITAMOS:

  • Que se elabore a normativa, chegando a un consenso entre tódolos grupos, para regular a actividade comercial na praza de abastos.
  • Que se inclúa nos orzamentos deste ano unha partida orzamentaria específica para a rehabilitación da actual praza de abastos.
  • Que se promova o concurso ou aquel procedemento que resulte mais adecuado para cubrir tódolos postos baleiros e se amplíe a oferta demandando outras actividades comerciais.
  • Modernizar o sistema de xestión da praza para adaptalo aos novos tempos, mantendo reunións periódicas cos comerciantes e acordando con eles o desenvolvemento do mesmo (servizo de
    pedidos, servizo de entrega, páxina web, bonos de aparcamento etc)”.

MOCIÓN SOBRE A XESTIÓN MUNICIPAL

Por outra banda, o PP leva outra moción na que xulgan a xestión municipal e piden explicacións ao goberno sobre o que se fixo en relación ás mocións aprobadas en pleno. O texto ínegro desta moción é o seguinte:

“Unha mala xestión municipal pode ter consecuencias importantes na calidade de vida dos veciños e no desenvolvemento sostible da localidade.

Cando un Concello non administra adecuadamente os seus recursos e establece prioridades erróneas ou non atende as necesidades da sua comunidade, xéranse problemas que poden ir dende a ineficacia nos servizos básicos ata a falta de transparencia.

Un exemplo palpable da mala xestión pódese observar na deficiente prestación dos servizos públicos esenciais como o mantemento dos espazos públicos, a limpeza e as infraestruturas.

A falta de planificación o abandono e a visión a longo prazo é un signo de mala xestión.

O caso que se fai o Pleno nas súas e as diferentes comisións e outro factor que axuda a mala xestión.

Relación de Mocións aprobadas polo Pleno e con pouca ou nula actividade

EXPEDIENTE 6924/2023. MOCIÓN PARA A XESTIÓN DO PARQUE MUNICIPAL. ACORDO:

Facer un Plan de Ordenación dos Recursos do parque Facer un Plan reitor de Usos do Parque

Ter unha brigada de obras múltiples (forestais, mantemento todo o ano) Arranxo do problema da Casa das Barcias.

EXPEDIENTE 6440/2023. MOCIÓN SOBRE PLAN DE CHOQUE LIMPEZA EN TODO O POBO.

ACORDO:

A elaboración e posta en marcha dun Plan Municipal de Choque de limpeza do Carballiño.

EXPEDIENTE 6340/2023. MOCIÓN SOBRE A MELLORA FUNCIONAMENTO DA XESTIÓN DEPORTIVA E INTEGRAL DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO.

ACORDA:

  1. Información a comisión informativa da Xestión Municipal na área de Deportes de forma mensual.
  2. Concorrer a tódolos convenios e subvencións posibles para a mellora e ampliación das instalacións deportivas.
  3. Mellora da comunicación coas escolas, asociacións e clubs deportivos en todo o referido a área deportiva (axudas e subvencións tanto municipais como de outras administracións; horarios, accesibilidade das instalación, etc..)
  4. A disposición da pista roxa para o seu goce durante todo o ano, con actividades deportivas programadas dende o concello sin que teña lugar a ocupación da mesma con distintas atraccións, especialmente no período estival.
  5. Mellora da xestión municipal en canto a apertura de instalacións e xestión do persoal do Concello.

EXPEDIENTE 9037/2023. MOCIÓN PARA CONTAR CUN CENTRO DE DÍA PÚBLICO NO CARBALLIÑO.

ACORDO:

1.- Que o Concello do Carballiño solicite oficialmente á Xunta de Galicia a construción dun Centro de Día público.

EXPEDIENTE 9039/2023. MOCIÓN PARA ELABORACIÓN DUN PLAN DE HUMANIZACIÓN DAS RÚAS DO CARBALLIÑO.

ACORDO:

1.-Que se elabore un Plan de Mobilidade Urbana Sostible das rúas do Carballiño para executar nos vindeiros anos. Sendo as 11:26h o Alcalde fai un receso, comenzando de novo a Sesión as 11:46h

EXPEDIENTE 9036/2023. MOCIÓN PARA SOLICITAR AO CONCELLO DO CARBALLIÑO ADHERIRSE A REDE ESPAÑOLA DE CIDADES SAUDABLES.

ACORDO:

1.- Que o Concello do Carballiño se adhira a esta rede para potenciar todas estas medidas mencionadas anteriormente en beneficio dos seus veciños/as

EXPEDIENTE 8648/2023. MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO SOLICITE A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO ASILO.

ACORDO:

Que o Concello do Carballiño solicite oficialmente ao Padroado da Fundación Irmáns Prieto e ao Protectorado da área de Política Social da ¨Xunta de Galicia toda a documentación relativa ás actas das reunións do Padroado, os balances económicos dende que o Concello no ten datos nun prazo de dous meses e os documentos de propiedade de tódolos bens da Fundación.

EXPEDIENTE 8649/2023. MOCIÓN PARA QUE SE EFECTÚE UNHA AUDITORÍA DE SEGURIDADE DE TÓDOLOS PARQUES INFANTÍS.

ACORDO:

Que o Concello do Carballiño realice unha auditoría de seguridade de todos e cada un dos parques infantís existentes no termo municipal.

EXPEDIENTE 8647/2023. MOCIÓN DO PP PARA SOLICITAR O TRASPASO DA CASA SINDICAL DO MINISTERIO PARA O CONCELLO DO CARBALLIÑO.

ACORDO:

  1. Que o concello do Carballiño, leve a cabo o procedemento adecuado para o alleamento de dito edificio para o uso dos veciños/as de Carballiño
  2. Que se incluía nos vindeiros presupostos do Concello unha partida específica para tal fin.

EXPEDIENTE 6445/2023. MOCIÓN PARA A MELLORA DA SEGURIDADE PÚBLICA DO CONCELLO DO CARBALLIÑO.

ACORDO:

  1. Información á comisión informativa da Xestión Municipal na área de Seguridade de forma mensual.
  2. Mobilización dos corpos de seguridade de forma preventiva e disuasoria nas áreas de concorrencia de persoas, tanto de día como de noite.
  3. Campañas de sensibilización de civismo e antidrogas.
  4. Incremento de limpeza no Carballiño en xeral e en particular nos lugares de ocio.

EXPEDIENTE 6930/2023. MOCIÓN PARA INSTALACIÓN DUN CAISS NO CARBALLIÑO.

ACORDO:

1. O Concello do Carballiño dirixirase ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para que se instale un CAISS na nosa vila.

EXPEDIENTE 6918/2023. MOCIÓN PARA UN MELLOR FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS.

ACORDO:

  1. Que se facilite toda a documentación existente no Concello relativa ás diferentes escolas municipais e a súa cesión aos clubs.
  • Que se facilite canto antes aos usuarios toda a información de como se van a desenvolver as diferentes actividades do curso 23/24.

EXPEDIENTE 6928/2023. MOCIÓN PARA A REPOSICIÓN OU ARRANXO DE MOBILIARIO URBANO E ILUMINACIÓN.

ACORDO:

  1. Impulsar un plan de mellora no alumeado público, facendo fincapé naquelas zonas con iluminación deficiente ou sen ela, cambiando as bombillas actuais polas de baixo consumo.
  2. Elaborar unha relación de incidencias onde se recollan todas as necesidades que hai no noso concello respecto a infraestruturas peonís, viarias e de mobiliario.
  3. A substitución ou arranxo do mobiliario urbano, e un seguimento por parte do concello

EXPEDIENTE 7584/2023. MOCIÓN PARA APERTURA AULA DE ESTUDO 24 HORAS E MELLORA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

ACORDO:

  1. O Concello do Carballiño habilitará unha sala de estudo 24H adecuada para o desenvolvemento das actividades académicas, regradas ou non, ofrecendo as comodidades necesarias para que os estudantes poidan estudar nun ambiente tranquilo e coa imprescindible concentración.
  2. O Concello do Carballiño debe iniciar, dunha vez por todas, un proceso de procura de solucións deficiencias actuais na biblioteca municipal.
  3. O Concello do Carballiño sacará a concurso as prazas vacantes de persoal da biblioteca

EXPEDIENTE MOCIÓN PARA A CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO E SEGUIMENTO CO FIN DE SOLUCIONAR O PROBLEMA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.

ACORDO:

Á creación dunha comisión/grupo de traballo e seguimento formado por tódolos grupos da corporación co fin de activar os mecanismos oportunos para dar resposta a urxente necesidade de ampliación e mellora de instalacións deportivas na vila

Polo que despois de sete meses de goberno e nove plenos; Solicitamos :

  1. A Reprobación dos Grupos a MALA XESTIÓN do Grupo de Goberno do Concello de Carballiño
  • Que se actúe nas moción que se levan o Pleno.
  • Que cambie a actitude do Grupo de Goberno do concello do Carballiño e empece a traballar dunha forma eficiente e eficaz con coordinación cos demais grupos políticos“.