A corporación do Carballiño reúnese este xoves no pleno ordinario de xaneiro

A corporación do concello do Carballiño reúnese este xoves na sesión plenaria correspondente a xaneiro. O primeiro punto será a modificación da RPT coa resolución de alegacións e a súa aprobación definitiva. Tamén irán as actuacións preparatorias de contrato do ciclo integral da auga.

En canto ás mocións, o BNG e o PP presentan unha proposta centrada na dinamización da Praza de Abastos, un tema que ven de lonxe e para o que piden que se teña en conta a opinión dos praceiros, coa finalidade de dar un novo pulo ao mercado de produtos de proximidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O PP tamén leva unha moción de control ao goberno, cuestionando a mala xestión do que vai de mandato e alegando que todas as mocións que se aprobaron en pleno seguen sen ter avances reais.

Por último, Espazo Común leva unha idea de proxecto para a ampliación do campo de Espiñedo coa adquisición de terreos colindantes e o seu cambio de especificación de terreo que permitan a súa urbanización. Tamén piden un inventario de bens municipais.