O Cine Club do Carballiño proxecta mañá “Fallen leaves”

Este venres  2 de febreiro temos no Cine Club Carballiño unha dos grandes filmes do ano, a recentemente estreada última película do director finés Aki KaurismäkiFallen leaves, unha comedia romántica minimalista e encantadora que foi aclamada pola crítica como unha gran película e incluso como unha obra mestra. O público está tamén considerándoa así tamén a través das súas puntuacións. Gañadora do Gran Premio do Xurado no Festival de Cans, nominada a 2 Globos de Ouro, 6 nominacións nos Premios do Cine Europeo, nominada a mellor película extranxeira nos César de Francia…e así un sinfín máis de recoñecementos.

Os pases será ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en vos no auditorio Manuel María do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES