Os candidatos de Espazo Común Galeguista participaron na manifestación na defensa da Sanidade Pública en Santiago de Compostela, acompañados de varios membros da formación nas catro provincias galegas.
O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, afirmou ao inicio da manifestación que “a sanidade pública é o piar da nosa sociedade pero necesita unha profunda reforma”.
“Precisamos mais estudantes de medicina, mais fondos, estabilidade para os profesionais sanitarios, cubrir prazas de MIR”, dixo, polo que en definitiva, “é necesario abordar unha profunda reforma sanitaria que sexa sostible no tempo e que ese gran piar que é a nosa sanidade pública estea garantido para os próximos anos”, afirmou.