Madrid ríndese aos tostados do Ribeiro

PEREGRINO ANTE LA OBRA PUENTE SOBRE RIO ULLA TREN AVE GRUPO PUENTES ESTRUCTURAS

O C.R.D.O. Ribeiro volveu de Madrid totalmente satisfeito despois de participar cunha mesa propia con catro tostados actualmente certificados polo Consello Regulador na Mostra de viños licores, doces e enriquecidos, organizada por Calduch Comunicación no hotel NH Collection Madrid Eurobuilding o pasado luns. Máis de 350 profesionais do sector profesional madrileño (catadores, restaurantes, sumilleres, prensa especializada…) puideron probar esta auténtica xoia enolóxica e adentrarse un pouco no mundo dos Tostados do Ribeiro, un descubrimento exquisito para moitos deles.

O Tostado do Ribeiro é un viño doce natural e cunha longa tradición na D.O. Ribeiro. Para a súa elaboración só se utiliza o mosto da selección das mellores uvas autóctonas, adecuadamente pasado baixo cuberta e só con ventilación natural. A súa produción é moi reducida (apenas chega ao 1% da produción), complexa e laboriosa, dando como resultado unha verdadeira xoia da enoloxía cunhas características únicas.
As referencias expostas nesta cita especializada foron viños de catro adegas e añadas diferentes: Alma de Reboreda 2008 de Bodegas Campante, Tostado de Costeira 2017 de Viña Costeira, Bico de Leive 2018 de Leive Ecoadega e Celme Tostado 2020 de Adegas Celme. Na cata, estes viños especiais aparecen como viños doces intensos, complexos e peculiares. Neles percíbense aromas de froitos secos e confitados, mel, flores amarelas, marmelo doce e casca de laranxa confitada. Son viños moi concentrados cun bo equilibrio entre acidez e dozura. Untuoso, aveludado e moi persistente en boca.
Juan Manuel Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro comenta que “O Tostado do Ribeiro constitúe unha manifestación máis do patrimonio cultural e enolóxico desta comarca vitivinícola. É un viño histórico que, aínda que con volumes de produción limitados, adquiriu gran sona no século XIX. As mellores uvas de variedades autóctonas (principalmente Treixadura) foron sometidas a un proceso de secado, cunha duración mínima de tres meses, en locais con ventilación natural ata que as uvas estaban case secas. Posteriormente, foi prensado e fermentado. A continuación, o viño madura durante polo menos medio ano en barricas de carballo ou cerdeira antes do seu consumo e outros tres meses de afinación en botella”.

AVANTAR ACTIVIDADES