O vindeiro domingo 10 de marzo ás 10.30h terá lugar o I Roteiro Feminista do Ribeiro

O vindeiro domingo 10 de marzo ás 10.30h terá lugar o I Roteiro Feminista do Ribeiro, organizado polo grupo de Acción Feminista do BNG na comarca, coa firme intención de revindicar o papel da muller galega no rural e, en concreto, de todas aquelas mulleres que sempre se adicaron ao sector vitivinícola na comarca.

Trátase dun roteiro de 6 Km, de baixa dificultade. Sairemos do Salgueiral, no Concello de Leiro, todas xuntas cara Barzamedelle ata chegar aos viñedos Ibedo e remataremos de novo no Salgeiral onde compartiremos uns petiscos  todas xuntas

AVANTAR ACTIVIDADES

Para poder participar será necesario inscribirse, gratuitamente, na seguinte ligazón: https://forms.gle/XT3PLceMmMSuu8q3A

De non ser favorables as condicións metereolóxicas adiarase a actividade ao seguinte domingo 17 de marzo.