En Cortegada: Convocatoria para a contratación de 4 peóns/peoas de servizos Múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición

CONCELLO DE CORTEGADA
Convocatoria para a contratación de persoal laboral
Número e denominación dos postos: 4 peóns/peoas de servizos múltiples.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a tempo parcial (75%).
Duración do contrato: 6 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Cortegada ou por calquera outro medio establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O texto completo das bases da convocatoria poderase obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal. (https://cortegada.sedelectronica.es)