A actriz Josi Lage volve da xira por Latinoamérica con “Almar” con moita aprendizaxe

A actriz carballiñesa Josi Lage acaba de poñer fin a unha xira internacional coa súa última obra de teatro, “Almar”. Foi un fito importante para ela e para a súa carreira como actriz actuar en Chile, Arxentina e Uruguai. Para ela foi unha gran experiencia, tanto persoal coma profesional, na que puido convivir con outras compañías de diferentes partes do mundo.

A obra, interpretada pola carballiñesa Josi Lage e Gabriel Prada, conta a historia de amor de Albert Einstein e Margarita Konionkova, amor que fai moi pouco tempo saíu á luz. Ambos están dirixidos polo director uruguaio Raúl Rodríguez da Silva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os actores protagonistas están emocionados de que este proxecto puidese ver a luz despois de tanto traballo, o que supón unha inmersión completa na personaxe utilizando o método Stanislavski.