14 de marzo: “Día Europeo para a Prevención do Risco Cardiovascular”

O 14 de marzo celébrase o Día europeo para a prevención do risco cardiovascular, co obxectivo de concienciar á poboación sobre a importancia que teñen as enfermidades cardiovasculares e sobre como podemos influír nos factores de risco implicados, como son o tabaquismo, o sedentarismo, a mala alimentación, a obesidade, a hipertensión, a tensión e outros factores.

Non todos os factores que causan enfermidades cardiovasculares pódense controlar, xa que hai variables como a idade e as características hereditarias, que non se poden modificar, pero si que podemos incidir nas causas modificables, como levar unha boa alimentación sa, facer deporte, camiñar, correr, bicicleta e outros, non fumar e non consumir drogas, previr a obesidade. Toda a familia tense que implicar na saúde dos seus membros, poñendo atención na dos máis pequenos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis Información en : https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-europeo-prevencion-cardiovascular

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

14 de marzo 1879
Nace en Ulm (Alemaña) o físico Albert Einstein. A súa “Teoría da relatividade” alterará drasticamente a visión do Universo.
1835
En Savigliano, no Piamonte italiano, vén ao mundo Giovanni Schiaparelli, que será soado astrónomo italiano, que relacionará a chamada “choiva de estrelas” cos restos deixados polo paso de cometas.
1804
Nace en Viena (Austria) Johann Strauss pai, compositor austríaco de valses, polkas e marchas militares.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

14 de marzo 1883
Morre en Londres (Reino Unido) o político revolucionario e filósofo alemán Karl Marx, autor do “Manifesto Comunista” e “O Capital” xunto ao seu amigo e colaborador Friedrich Engels, que publicará os tomos II e III de “O Capital” en 1885 e 1894 respectivamente.

Máis INFORMACIÓN EN : https://www.hechoshistoricos.es/html/hechoshistoricos0312.html

SANTORAL

14 de marzo Matilde, reina; León, Inocencio, obispos; Eutiquio, Arnaldo, Pedro, Afrodisio, Frontón, Alejandro, Valeria, mártires; Eva (Evelina), beata; Florentina, santa.