O Centro Comercial Aberto sortea dous vales de compra na campaña do Día do Pai

Mañá martes, día 19 de marzo, celébrase o Día do Pai. Dende o Centro Comercial Aberto do Carballiño, como en cada data especial, puxeron en marcha un sorteo para incentivar á cidadanía a apostar polo comercio de proximidade na adquisición de agasallos.

Por cada compra realizada entre o 15 e o 20 de marzo, particípase no sorteo de 2 vales de 50€ cada un para facer máis especial o día de papá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para participar, simplemente hai que rexistrar o ticket de compra na páxina web do CCA antes do 20 de marzo. ¡Non perdas esta oportunidade de facer feliz ao teu papá e gañar un premio especial!

Este mes de marzo, o comercio local espera que sexa un mes bo en canto a ventas. Ademais desta campaña, tiveron grandes resultados na Feira do Stock da pasada semana, que a pesar do tempo funcionou moi ben. Tamén esperan boa ocupación hostaleira para a Semana Santa a vindeira semana.