Selección de persoas adxudicatarias dunha vivenda de promoción pública no concello do Carballiño.

Publicase hoxe no DOG

AVANTAR ACTIVIDADES

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024, da Comisión Provincial de Vivenda de
Ourense, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias dunha
vivenda de promoción pública, para o expediente OU-2005/501, no concello do
Carballiño.

De conformidade co establecido nos artigos 22 a 30 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro,
polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda de Ourense, en sesión do 7 de marzo de 2024,
ACORDA:
Iniciar o procedemento de selección das persoas adxudicatarias de dúas vivendas de
protección oficial de promoción pública, que se desenvolverá de conformidade cos seguintes criterios:
Primeiro. Características das vivendas

  1. Expediente e contas: OU-2002/501, contas 5 e 38.
  2. Localización das vivendas: avenida de Compostela, nº 122A e 122C, no Carballiño.
  3. Tipoloxía das vivendas:
    • Conta 5: avenida de Compostela, 122A, 1º C. Vivenda de 90,00 m2
    : 4 dormitorios. A
    vivenda ten como anexos garaxe e rocho.
    • Conta 38: avenida de Compostela, 122C, 2º A. Vivenda de 82,50 m2
    : 3 dormitorios. A
    vivenda ten como anexos garaxe e rocho.

    Segundo. Cualificación das vivendas
    A promoción obtivo a cualificación definitiva como vivendas de promoción pública en
    virtude da Resolución da xefa territorial de Ourense do IGVS con data do 2 de novembro
    de 2005.
    Terceiro. Condicións xerais das persoas beneficiarias
  4. Poderán acceder a estas VPP as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de
    idade ou menores emancipadas, con plena capacidade de obrar que, como titulares dunha
    unidade familiar ou convivencial, reúnan os seguintes requisitos:
    a) Atoparse inscritas ou anotadas na data desta resolución de inicio no Rexistro Único
    de Demandantes de Vivenda de Galicia, na sección 1ª, na modalidade de VPP, para o concello do Carballiño, como concello preferente.
    b) Ter ingresos ponderados por unidade familiar ou de convivencia, no último exercicio
    fiscal vencido, entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM, ao abeiro do disposto no artigo 18.1 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.
    c) Residir ou traballar no concello do Carballiño, agás no caso de persoas emigrantes
    que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a
    cinco anos.
    d) Carecer calquera membro da unidade familiar ou de convivencia de vivenda en calidade de propietario, agás que se dean algunha das seguintes circunstancias:
    • Acreditar que a vivenda de que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada
    nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012, do Instituto Galego
    da Vivenda e Solo. Se a persoa resulta adxudicataria, queda obrigada a ofertar ao IGVS a
    dita vivenda.
    • Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial
    ou administrativo non imputable á persoa interesada, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a
    perda da vivenda.

    e) Non atoparse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da
    unidade familiar ou de convivencia:
    • Que xa fosen titulares dunha VPP e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a allease por
    calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros
    xustificados, a xuízo da Comisión Provincial.
    • Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.
  5. Sen prexuízo do anterior, será requisito para a adxudicación da vivenda, manter a vixencia da inscrición no Rexistro de Demandantes ao longo de todo o proceso de selección,
    de xeito que a falla de renovación da inscrición, de resultar obrigado/a a iso nos termos do
    artigo 15 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, en calquera momento anterior ao acordo de
    adxudicación definitiva, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.
  6. Composición das unidades convivenciais: para a adxudicación das vivendas realizarase unha lista das unidades convivenciais candidatas segundo a orde de maior a menor
    número de membros e, en caso de igualdade, con maiores ingresos económicos (IPREM),
    que cumpran co resto dos requisitos establecidos nesta resolución.
    Cuarto. Réxime de adxudicación e condicións xerais de carácter económico
    As vivendas adxudicaranse en arrendamento.
    a) Os contratos de arrendamento terán unha vixencia de 7 anos prorrogables por períodos anuais e estará prohibida en todo caso a cesión ou subarrendamento, total ou parcial.
    A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento,
    con independencia das sancións que procedan.
    b) A renda inicial anual será a que resulte de lle aplicar o 3 % ao que sería o prezo de
    venda da vivenda e anexos, de ser o caso, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007.
    c) A firmeza da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato
    de arrendamento, logo de pagamento por parte da persoa adxudicataria da fianza correspondente.

    Quinto. Procedemento de adxudicación e data do sorteo
    O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 30 do
    Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro.
    A selección de persoas adxudicatarias e de reserva efectuarase mediante sorteo, que
    se celebrará, de ser o caso, ante notario/a o día 26 de marzo de 2024, ás 10.00 horas, nas
    dependencias da Área Provincial do IGVS, rúa Sáenz Díez, número 1, de Ourense, agás
    indispoñibilidade da persoa fedataria autorizante, ou calquera outra causa de forza maior
    apreciada pola comisión, casos en que se publicará a data definitiva do sorteo na páxina
    web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.
    Seleccionarase unha lista de 2 persoas adxudicatarias, e unha lista de espera que estará composta polo resto das persoas candidatas.
    Unha vez rematado o sorteo, procederase á publicación da lista provisional de persoas
    adxudicatarias e a lista de espera, e realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do
    Decreto 1/2010, esta Comisión Provincial ditará resolución aprobatoria da lista definitiva de
    persoas adxudicatarias.
    A lista definitiva desde procedemento de selección manterá a súa vixencia ata que se
    produza algunha das seguintes circunstancias:
    a) A aprobación pola Comisión Provincial de Vivenda dunha nova lista definitiva.
    b) O esgotamento da lista debido a que non queden persoas integrantes ás cales ofertar
    as vivendas.
    Sexto. Reservas
    Non se fai ningunha reserva das establecidas nos artigos 74 da Lei 8/2012 e 34 do Decreto 253/2007.
    Sétimo Publicidade e reclamacións
    A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no Diario Oficial de
    Galicia, e as sucesivas publicacións, incluída a dita resolución de inicio do procedemento,
    a lista de persoas adxudicatarias provisionais resultante do sorteo, e a resolución da lista
    definitiva de persoas adxudicatarias e de espera, de acordo cos artigos 22.1 e 24.3 do

    Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello, no
    da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e na páxina web do organismo.
    Esta publicidade substituirá as notificacións persoais, de conformidade co previsto no
    artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
    administracións públicas.
    Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se
    consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez (10) días para presentar reclamación ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución
    que proceda no prazo máximo de tres meses.
    A lista definitiva publicarase de igual forma que a lista provisional. A resolución aprobatoria porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015,
    do 1 de outubro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o
    órgano xurisdicional.
    Oitavo. Adxudicación de vivendas e prazo para renunciar
    De conformidade co disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, a Área
    Provincial procederá a determinar a vivenda que lle corresponde a cada persoa adxudicataria, tendo en conta a mellor adecuación das vivendas á composición da unidade de
    convivencia, notificándose o resultado xunto coa adxudicación.
    A adxudicación seralles notificada ás persoas interesadas e deberá conter, entre outros,
    os seguintes datos: tipo de vivenda, superficie útil, réxime de adxudicación e prezo de venda ou renda.
    O feito de resultar adxudicatario/a provisional no sorteo non determinará a condición de
    adxudicatario/a definitivo/a, mentres non se acredite que se reúnen os requisitos sinalados
    no criterio terceiro desta resolución.
    En caso de renuncia ou incumprimento doutros requisitos, procederase á exclusión da
    unidade familiar ou convivencial da lista, cos efectos previstos no artigo 73.3 da Lei 8/2012,
    de vivenda de Galicia, se é o caso.
    Para os efectos do previsto no artigo 28.2 do Decreto 1/2010, establécese un prazo de
    quince (15) días para que, en caso de resultar adxudicataria definitiva dunha destas vivendas, a persoa interesada poda renunciar a ela ou, no caso de aceptala, efectuar o ingreso
    da fianza correspondente.
    Noveno. Actuación revisora
    Correspóndelle á Comisión Provincial de Vivenda a revisión das adxudicacións de vivendas nos casos en que se observe que a dita adxudicación se produciu tendo en conta
    datos falseados ou incompletos.
    A falsidade ou ocultación na achega de datos dará lugar á incoación do oportuno expediente sancionador coas consecuencias e efectos que figuran na Lei 8/2012, do 29 de
    xuño, de vivenda de Galicia.
    Ourense, 7 de marzo de 2024
    Victoria Núñez López
    Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda de Ourense