Ribeiro en Común denuncia ao Concello no Seprona por un vertedoiro ilegal de refugallo no parque do Campo da Feira.

O Concello non só non retirou o refugallo existente senón que no pasado mes de febreiro e recentemente volveron tirar restos de material de obra.
Ribeiro en Común leva meses pedindo a súa retirada, o goberno local non só non o retirou senón que ampliou o refugallo depositado ilegalmente nun lugar prohibido.
Por este motivo, e diante da actitude chulesca do goberno local, ao noso grupo non lle quedou máis remedio que notificar denuncia diante do SEPRONA.
Ribadavia a 22 de marzo 2024.
O Campo da feira é un parque público, non só ocupa o parque de autocaravanas, que nas vésperas de semana santa xa goza de unha importante ocupación, senón que é usado por veciños e veciñas de Ribadavia.
O goberno local que debe ser o encargado de facer cumprir a normativa de coidado de espazos e de tratamento de residuos e refugallos de obra, no lugar de dar exemplo incumpre a súa propia normativa local, así como a autonómica de tratamento de residuos e de coidado do medio ambiente. 
Por todo isto, Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia dea exemplo no coidado do medio ambiente, dos parques públicos e do control de vertedoiros ilegais. 
Non se pode consentir que os responsables políticos encargados de supervisar a legalidade urbanística e de obras, sexan os primeiros en incumprir unha das obrigas de calquera obra, como é o tratamento dos refugallos.
Agardemos que con esta denuncia, desde o Concello por fin non só deixe de aumentar o vertido senón que o elimine de todo, cumprindo así a ordenanza municipal de limpeza e a lei 6/2021 de residuos de Galicia.

Axuntamos imaxes, e un video ( no seguinte correo), no que se pode ver un tractor do Concello descargando e baleirando sacos, foi gravado por un veciño no mes de febreiro. Diante da actitude do Concello dedde entón para rectificar este feito, decidimos dar parte ao SEPRONA. 

AVANTAR ACTIVIDADES