O Cine Club trae para mañá Filmoteca e unha película sobr eo alzheimer

O próximo venres 5 de abril retoma as proxeccións  con dobre programación. Ás 18:00 horas teremos unha sesión de Filmoteca adicada aos máis cativos coa película francesa “Calamity”, unha historia de aventuras ambientadas no lonxano oeste, un western plagado de emocións cun toque reivindicativo e feminista, xa que a protagonista é unha moza que quere converterse en condutora de carruaxes nun mundo salvaxe e dominado polos homes. A película gañou o primeiro premio no Festival de Annecy, foi nominada a mellor película de animación europea e colleitou un gran éxito de taquilla en Francia. 

E coma todos os venres ás 20:00 e ás 22:30 horas teremos ás proxeccións habituais, neste caso con unha das películas máis fermosas da tempada, “La memoria infinita”, nominada ao Oscar á mellor película documental. É unha historia de amor e coidados que trata a enfermidade do Alzheimer con unha delicadeza conmovedora, logrando un filme optimista e luminoso a pesar da dureza do tema que aborda. Os pases serán os dous en castelán no Auditorio Manuel María do Carballiño. 

AVANTAR ACTIVIDADES