Os comercios xa poden adherirse á quinta edición do Bono Activa Comercio

A Xunta activa hoxe a quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa coa que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos de proximidade, co obxectivo de estimular a demanda e atraer nova clientela ao sector.

Os comercios que desexen participar nesta iniciativa poderán sumarse a partir de hoxe, 16 de abril, mentres que os consumidores poderán descargar un vale de desconto de 30 euros para a súa compra na páxina web www.bonosactivacomercio.gal a partir do vindeiro 26 de abril.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os vales terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para o seu uso nunha aplicación móbil. O importe reducirase en función do valor da compra. Así, as compras iguales ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros. O desconto será de 10 euros para compras iguales ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto chegará aos 15 euros.