Próximas actividades dos 50 anos da agrupación Cultural Avantar do Carballiño

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño inicia a súa traxectoria vital a prol da cultura e lingua do país no 1974. Un grupo de mocidade carballiñesa, hai 50 anos, puxo os alicerces dun dos colectivos máis lonxevos e activos da Galiza.

Neste 2024 dende a agrupación deseñouse unha programación especial para conmemorar esta efeméride, mesturando arte, música e literatura o longo de todo este ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Actividades programadas pola a Agrupación Cultural Avantar no Carballiño para os mese de Abril e Maio

Palestra:

Espertando conciencia de nación

Interveñen:

Felipe Senén

Cesar Varela

Xan Alfonso García

Ana Isabel Rodríguez

Modera:

Darío Ángel Rodríguez

Data: 22 de Abril

Hora: 20.30h

Lugar: Casa da Cultura do Carballiño

Palestra:

Fútbol e identidade

Interveñen:

Luís Eiré

Xosé Godoy

Data 14 de Maio

Hora: 20.30h

Lugar : Casa da Cultura

Roteiro Manuel María.

Actividade dirixida o alumnado dos centros educativos do pobo e bisbarra, consiste no percorrido polos distintos fitos-poemas ubicados nos lugares que aparecen no libro “Cantigueiro do Orcellón” de Manuel María

Data: 23 de Maio alumnado de primaria

          24 de Maio alumnado de secundaria

Saída dende o anfiteatro da Veracruz

Hora: 11h

Guía do percorrido: Darío Ángel Rodríguez

Gaiteiro: Alex Graña

Fo-liada

Actividade na rúa con actuación de diferentes grupos de gaitas, pandeiretas, percusión, bailadoras e bailadores coa participación de grupos de outras localidades da Galiza. Percorrido por distintos locais de hostalaría da vila.

Data: 25 de Maio

Hora: 20.30h

Encontro e saída  dende o Bar Pendello na rúa da Cerca e percorrido pola rúa Perfectino Vieitez, bares Paco, Gelo e A Comarca, rúa Aldara Bar Caserío e remate na Bodega na Baixada a Flores Flores.