Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa a devoción popular cara a Virxe dos Remedios, cuxa coroación eclesiástica será o día 12

PRESENTACIÓN DA COROA DA VIRXE DOS REMEDIOS DE CASTRO CALDELAS. O presidente provincial, Luis Menor, participa xunto ao bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, na presentación da coroa da Virxe dos Remedios de Castro Caldelas. No Obispado de Ourense. Tamén participan Manoel Carrete (Historiador), Jose Manuel Armesto Santido (Cura de Castro Caldelas) e as veciñas Corona López Gómez, Carmen Rodríguez Canel e Angelita Santiso Rodríguez.

O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila caldelá e para toda a provincia este fito histórico que expresa a enorme devoción do pobo á Virxe dos Remedios

O Bispado de Ourense vén de inaugurar unha exposición con distintos elementos históricos e artísticos representativos da relixiosidade popular de Castro Caldelas cara á Virxe dos Remedios, ademais da coroa, elaborada en prata sobredourada en base a un deseño do afamado pintor malagueño Francisco Naranjo, así como o manto, vestido e coroa do neno, preparado todo iso para a coroación eclesiástica do día 12.

AVANTAR ACTIVIDADES

A este acto, presidido polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen explicou que esta exposición amosa a devoción popular que Castro Caldelas sempre profesou cara a Virxe dos Remedios, con textos incluso de Vicente Risco que amosan ese sentimento que se mantivo durante séculos e que hoxe en día se mantén ben vixente. O encargado de explicar polo miúdo os detalles desta mostra foi Manoel Carrete, comisario da exposición.

Desde a Deputación, dixo o presidente, “sentímonos honrados de colaborar cunha manifestación da espiritualidade e da relixión, aspecto moi importante para a cultura cristiá”, citando ademais outros exemplos como a Virxe de Fátima en Ourense ou a Virxe dos Milagres.

O bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, expresou que a exposición é a “expresión de toda a devoción que lle profesa o pobo á Virxe dos Remedios” a agradeceu a implicación do Concello de Castro Caldelas e da Deputación de Ourense.

Un fito histórico

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, sinalou que para a vila caldelá “é un fito histórico, pois en 2.000 anos non temos unha coroación destas características, e ademais a primeira en galego, sendo o idioma o noso sinal de identidade”. Vega agradeceu o apoio do Bispado e a cooperación da Deputación, “por ser sempre sensible a todas as peticións que lle facemos”; e rematou os agradecementos na persoa de Manoel Carrete, responsable da exposición. Por ultimo, recalcou que “a Virxe dos Remedios será a alcaldesa perpetua de Castro Caldelas”, dada a enorme devoción que lle profesa o pobo caldelao.