Hoxe faleceu Arcadi Oliveres, profesor e orador que visitou o Carballiño en dúas ocasións

Este mediodía falecía Arcadi Oliveres, economista, profesor e referente en España a nivel da loita pola xusticia social e pola paz. A Asociación por un Interese Solidario O Peto, en colaboración cos colexios do Carballiño, escolleuno en dúas ocasións, no ano 2012 e no 2015, para que compartise as súas ideas sobre como se chegou e como se pode saír da complexa situación económica e sociopolítica daquela época. Esta canle tamén puido facerlle unha entrevista nunha desas visitas.