O concello de Ribadavia reparte 336 máscaras de impresión 3D

O CONCELLO DE RIBADAVIA REPARTE 336 MÁSCARAS DE IMPRESIÓN 3D NA COMARCA DO RIBEIRO.

Este programa solidario que o concello levou a cabo en colaboración co colectivo “Coronavirus Makers” e con tres veciños de Ribadavia, permitiu dotar deste material aos centros de saúde e residencias de maiores de toda a comarca do Ribeiro

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Ribadavia repartiu 336 máscaras de protección facial, feitas a través da impresión 3D, entre os centros de saúde, as residencias de ancianos e os servizos de axuda no fogar dos concellos da comarca do Ribeiro.

Esta iniciativa solidaria pudo levarse a cabo grazas a colaboración entre o concello de Ribadavia, o colectivo “Coronavirus Makers” e tres veciños de Ribadavia, Ana Puentes, Simón Fernández e Rita Pérez, que traballaron sen descanso para poder fabricar máscaras de protección para toda a comarca do Ribeiro. Grazas a esta iniciativa solidaria o Concello de Ribadavia, a través do GES (grupo de emerxencias supramunicipal) entregou máscaras de protección a todos os profesionais que prestan servizo nos centros de saúde dos concellos de Ribadavia, Leiro, Melón, Cortegada, Avión, Beade, Arnoia, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle; así como aos servizos de abulancias de Ribadavia e Avión. Ademais, fíxose entrega de máscaras de protección nas residencias de maiores e os servizos de axuda no fogar dos concellos de Ribadavia, Arnoia, Leiro, Melón, Avión, Cortegada, Cenlle e Carballeda de Avia. No que ten que ver con servizos públicos, a entrega de máscaras complétase coas achegas á Guardia Civil de Ribadavia, á Policía Local, e ás diferentes agrupacións de voluntarios de Protección Civil. O traballo de entrega de máscaras de protección está a completarse coa achega deste material aos negocios do concello de Ribadavia que, pola súa actividade, poden estar abertos e prstando servizo ao público durante este tempo de estado de alarma.

O alcalde de Ribadavia afirmou que “para o Concello de Ribadavia é fundamental a cooperación e colaboración con todos os concellos da comarca, por eso entendimos que tíñamos de colaborar cos nosos concellos veciños e dotalos dun material co que non contaban. Ribadavia ten que poñer todo o seu ptencial e a súa capacidade de cooperación a disposición de toda a comarca do Ribeiro.”

César Fernandez quixo “agradecer enormemente a colaboración do colectivo “Coronavirus Makers”, e nomeadamente dos veciños de Ribadavia Ana Puentes, Simón Fernández e Rita Pérez que foron parte impresecindible do desenvolvemento desta iniciativa solidaria e, como non, hai que destacar tamén a labor feita polo GES de Ribadavia que se encargou de levar a cabo por toda a comarca o reparto deste material.”