Badal Tv homenaxea a Ricardo Carvalho Calero, o protagonista das letras galegas deste ano a través da voz de caras coñecidas da comarca
VIDEO
O filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, foi mestre de varias xeracións, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor pola Universidade de Madrid. Membro numerario da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo, sendo membro da Academia das Ciencias de Lisboa desde 1981 e membro de honra da Associaçom Galega dá Língua.
