O concello de Boborás mellorará o seu alumeado ó sistema de baixo consumo en dúas fases de intervención

O a Concello de Boborás acometerá unha mellora no alumeado público da Almuzara, Cameixa, Iglesario, Paredes e Salón cambiando a led as luminarias. A intervención prioriza os alumeados con sistemas máis antigo e por tanto con consumos máis altos.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

O importe do contrato, xa adxudicado, ascende a 53.000 euros do que o 80% da aportación corresponde o IDAE e o 20% a unha subvencion nominativa da Deputacion de Ourense. En total nesta primeira intervención serán renovados 264 puntos de luz.

O Concello de Boborás xa traballa na redacción doutro proxecto para o cambio a led do resto do alumeado do municipio co fin de acometer a reforma integral da totalidade do alumeado público do municipio.

Con ambas intervencións conta reducir o consumo nun 70%, unha cantidade importante tendo en conta que o alumeado publico supon unha partida importante no orzamento municipal e desta maneira eses cartos poderanse destinar a outras áreas como por exemplo a de inversions e obras.