O concello de Arnoia aproba as bases para as axudas a pemes e autónomos

O concello de Arnoia pon en marcha o plan “Reactiva Arnoia” para pemes e autónomos, que poderán beneficiarse de axudas de ata 400 euros para persoas físicas ou xurídicas, con o usen traballadores ó seu cargo, que se viran obrigados a pechar os seus establecementos; de 250 euros para os que non tiveron que pechar e de 100 euros para os que non leven dados de alta ata seis meses naturais. Un dos requisitos imprescindibles é que o solicitante ten que estar empadroado ou ter domicilio fiscal en Arnoia.

O obxectivo das axudas é o de actuar ante as consecuencias da pandemia, impulsar a actividade económica e axudar ó mantemento da actividade no concello, outorgando liquidez.

AVANTAR ACTIVIDADES