O PP presenta unha alternativa de goberno en Castrelo de Miño cos dous ex concelleiros do PSOE

Casa do Concello de Castrelo de Miño.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular de Castrelo de Miño presentou esta mañá unha nova proposta de goberno para o Concello, tralo acordo alcanzado cos dous concelleiros que abandoaron as filas do grupo local socialista. Unha decisión que segundo declarou o portavoz popular, Avelino Pazos, “ten como única finalidade devolver a normalidade democrática e institucional que necesita o noso concello logo dun ano de absoluta parálise e absoluta falta de diálogo por parte do alcalde nacionalista”. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As negociacións cos dous concelleiros que formaban parte do grupo socialista principiaron despois do pleno do pasado 21 de xullo e remataron esta fin de semana cun acordo de mínimos, “grazas á vontade de traballo de dúas persoas que chegaron á política local para axudar ao progreso de Castrelo de Miño e non para ser simples espectadores do desorde no que está sumido o concello, do descoñecemento da xestión pública por parte do actual equipo de goberno, pola falta de proxectos e pola toma de decisións arbitrarias que non miran o interese xeral da veciñanza”, sinalou Pazos.

“Logo dun ano de pasividade, desidia e prepotencia por parte do alcalde do BNG -dixo o portavoz popular- e no que todas as iniciativas aprobadas en pleno acabaron metidas nos caixóns, Castrelo de Miño non pode permitirse o luxo de seguir perdendo máis tempo”.

Diante desta situación e co aval dos últimos resultados das eleccions autonómicas, nas que o PP obtivo máis do doble dos votos que a formación nacionalista do alcalde e o o 50 % de apoio electoral, “desde o Partido Popular propoñemos á corporación de Castrelo de Miño unha alternativa de goberno para salvar ao concello do desastre ao que inevitablemente o BNG nos leva”.

No acordo de mínimos alcanzado entre o grupo popular, integrado por 3 concelleiros, e os dous exconcelleiros do PSOE, figuran como principais medidas aprobar os orzamentos municipais anuais, un novo organigrama de goberno e de áreas e a aprobación do PXOM.

Ademais, inclúense otras actuacións de urxencia, como dotar de transparencia aos procesos administrativos “para acabar coa opacidade absoluta da xestión que hai actualmente”; saldar todas as débedas pendentes que ten o concello con outras administracións; pago de todas as facturas pendentes ás pemes; mellora dos servizos sociais; a reparación das deterioradas vías de comunicación municipais; o ensanche e pavimentación da estrada que une Astariz e Macendo; un estudo das infraestruturas e equipamentos municipais máis demandados pola ciudadanía; e potenciar o Club Náutico de Castrelo de Miño e o Parque Náutico de Galicia para que sexa referente nacional e internacional.

UN GOBERNO SÓLIDO PARA CASTRELO DE MIÑO FRONTE Á “INOPERANCIA DO ACTUAL ALCALDE”

O secretario xeral do Partido Popular, Rosendo Fernández, declarou pola súa banda que a alternativa de goberno presentada esta mañá en Castrelo de Miño “só ten un obxectivo único que é o benestar da veciñanza, para o cal é indispensable ter un goberno sólido fronte a inoperancia do actúa alcalde e a súa manifesta incapacidade para conseguir desde as municipiais de maio de 2019 un acordó que facilitase a xestión municipal”.