Galicia impón o rexistro de datos dende mañá ós visitantes que cheguen de cinco CCAA e 136 países, entre eles Portugal

fotos recurso aeropuertos aeroporto santiago de compostela turismo

As persoas que cheguen a Galicia a partir de mañá, mércores día 29 de xullo, tanto visitantes coma persoas que sexan residentes habituais, e haxan estado nos últimos 14 días en zonas de alta incidencia de Covid-19, deberán faiclitar nun máximo de 24 horas ás autoridades sanitarias os seus datos de contacto durante a súa estancia.

Hoxe publicouse o listado destas zonas de alta incidencia, e actualizarase cada 15 días e os datos das persoas serán eliminados unha vez transcurran 28 días. A medida foi anunciada a semana pasada e publicada hoxe no Diario Oficial deGalicia. Afectará ás persoas que cheguen de países ou territorios cunha incidencia acumulada de casos de Covid-19 por 100.000 habitantes 3,5 superior á de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

En España, a medida afectará ás persoas que acudan a Galicia dende Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

En canto ó extranxeiro, a medida tamén se extende ós países sobre os que se carece de información ou de datos fiables sobre a súa situación epidemolóxica, por exemplo o continente africano.

En Europa os países e territorios cuxos visitantes deban aportar os datos son Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbayán, Bielorrusia, Bélgica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia del Norte, Portugal, Rumanía, Rusia, Serbia, Suecia y Ucrania.

En América, os países oo territorios afectados son: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguay, Perú, Puerto Rico, San Vicente y Granadinas, St. Martin, Surinam, Islas Tortuga, Estados Unidos, Islas Vírgenes, Venezuela, Haití, Jamaica y Nicaragua.

En Asia están afectados por esta medida Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Irak, Israel, Kazajistán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Catar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbekistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboya, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Pakistán, Siria, Tailandia y Vietnam.