A noite de Fin de Ano está á volta da esquina e son moitas as tradicións que pase o tempo que pase non mudan. As doce uvas para celebrar as doce badaladas, traxes e vestidos de noite, a cor roxa na roupa interior como símbolo de boa sorte no novo ano ou unha boa cena. Son elementos que integran, entre outros, as costumes máis populares deste último día do ano, que será o domingo.
Nestas datas, tamén nos esmeramos en preparar as mellores ceas, e isto non cambia a pesar da suba de prezos. Os peixes e mariscos son unha alternativa moi recorrente nas mesas, pero tamén o é a carne, con produtos sinalados como o cordeiro ou o leitón. Hoxe estivemos na Praza de Abastos para coñecer un pouco máis os gustos dos consumidores.