O BNG denuncia o abandono do parque etnográfico

Dende a formación do BNG do Carballiño reiteran a súa reclamación polo estado de abandono que afirman que presenta o parque etnográfico. A súa protavoz, Sofía García, asegura que a falla de mantemento “é unha característica máis deste parque”, recalcando que nalgúns espazos pode resultar perigoso para as persoas que queiran acceder a estas zonas, con escalóns de madeira ós que llefaltan peldaños, pedras fora de sitio ou buratos abertos tapados cunha pedra.

Sofía García reclamou esta situación en numerosas veces, tanto ó goberno local coma nas redes socias da formación, aportando fotografías. Asegura a portavoz que nos últimos cinco meses os únicos cambios que se efectuaron foi o peche do Muiño das Lousas e o desbroce dalgunhas zonas.

AVANTAR ACTIVIDADES