A tomenta de onte deixou danos en varios puntos da vila

Onte cambiou a tendencia sen choiva deste verán que rematou co mes de xullo mais seco dos últimos case corenta anos. A partir das 17:30 horas de onte, unha tormenta causou danos nalgunhas rúas do municipio mantendo activos ós servizos municipais de emerxencias para ataxar estas incidencias.

A gran cantidade de auga que se rexistrou causou danos na rede municipal de abastecemento, que se desbordou en varios puntos do casco urbano. Nalgunhas zonas, as tapas do alcantarillado levantáronse saíndo á superficie algúns residuos. Noutras zonas, a forza da auga levantou tamén o empedrado. Nestos casos, o servizo de emerxencias tivo que bombear a auga resultante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na rúa Evaristo Vaamonde os baixos e sotos das vivendas quedaron anegados, así como tamén o párking do supermercado Eroski, unha zona na que os veciños se teñen queixado dos problemas que sofren cando se acumula auga da choiva.

Na Avenida Compostela no cruce ca rúa Piñor tamén se congregaron bolsas de agua que dificultaban a circulación. No polígono industrial tamén se viviron imaxes semellantes, cunha gran acumulación de auga frente á empresa de embutidos Castro Vello.