O Psdeg-Psoe e Xuventudes Socialistas instan a o concello ó impulso do espazo Lusquiños

O Psdeg-Psoe e xuventudes socialistas instan a o concello ó impulso do espazo Lusquiños e á creacion do consello municipal da xuventude e deixen de “manter orfa á mocidade” de Ourense

“Se non hai cartos, que o Concello e o alcalde destinen os fondos da exclusividade do alcalde e o dispendio en directores xerais en city manager á xuventude”, solicitou Xurxo Doval.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas solicitan que a Xunta “asuma a súa responsabilidade e dialogue” para suplir elaborar un “protocolo de consenso” na volta ás aulas pola COVID-19 e a ampliación das “bolsas comedor” do Concello

O PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Ourense levarán ao pleno do Concello do vindeiro luns unha moción para a diversificación e o impulso do Espazo Lusquiños como un punto de encontro clave para o desenvolvemento da mocidade na cidade. Unha iniciativa e un traballo conxunto do grupo municipal e as xuventudes socialistas xa que como explica o voceiro municipal, Rafa Villarino, “non é admisible que o Concello non de voz á xente xoven” e insisten en que dende o PSdeG farán todo o posible da man de xuventudes para “continuar impulsando iniciativas que amosan o valor da mocidade en Ourense”. Neste mesmo senso manifestouse o secretario xeral de Xuventudes, Xurxo Doval, quen pediu que o Concello deixe de “manter orfa á mocidade” e que a “meta na axenda política e social para que poida prosperar” coa posta en marcha dun Consello Municipal da Xuventude onde os xoves teñan voz e poidan trasladar as súas demandas a accións municipais. Os socialistas destacan que coa súa creación, Ourense “deixaría de ser a única grande cidade galega que non o ten”.

Doval reivindicou o Espazo Lusquiños como un “punto de encontro para toda a xunventude” o cal foi impulsado polo anterior goberno socialista- preocupado pola xuventude- e que se estreou en mans do PP, quen “non estivo á altura da responsabilidade e deixouno morrer dende comezo ata o día de hoxe” xa que nunca lle interesou. Os socialistas propoñen “convertir o espazo lusquiños como segundo lugar para xuventude en Ourense”. Un lugar de expresión de creatividade e cultura e a realización de talleres e xornadas para o ocio mozo nun momento complicado coma o que estamos a vivir polo coronavirus e que limita o ocio para a xuventude e defenden o uso dunha “infraestrutura creada e aparcada”. “Se non hai cartos que o Concello e o alcalde destinen os fondos da exclusividade do alcalde e o dispendio en directores xerais en city manager á xuventude”, finaliza Doval.

O secretario xeral denuncia que durante os últimos anos no mes de agosto o espazo está “pechado” cando se trata dun “mes clave para a súa diversificación en época estival”. Mentres que este ano dende o mes de febreiro non voltou a abrir as súas portas escudándose dende o Concello na Covid cando noutras cidades como o vigotróniko de Vigo sí que abriu atendendo aos protocolos sanitarios adecuados.

O Concelleiro socialista, Borja López explicou que se trata dun espazo que foi “concebido para ser referencia no ámbito xoven” con salas para a grabación e espazos culturais que “se manteñen pechados coa escusa da COVID-19” pero o certo é que dende a súa apertura tivo problemas de persoal e sen unha “vontade do goberno de facer programas e diversificalo”. Durante o mandato anterior do Partido Popular os socialistas propuxeron que se abrise nos meses do verán que é cando maís uso podería ter pero “o goberno segue sen convocar a comisión do espazo para poder modificar e aprobar o seu regulamento” e outros programas mozos como “Ocio Ourense” ou “Ourense xove” atópanse sen dotación orzamentaria.

Os socialistas instan á Xunta a elaborar un “protocolo de consenso” para a volta ás aulas pola COVID-19 e a ampliación das “bolsas comedor” do Concello

O voceiro municipal, Rafa Villarino, explicou que se trata dunha moción defendida a nivel galego e “artellada sobre a base do consenso” referida a un problema mundial sobre o que é necesario atopar unha medidas que a Xunta parece non estar disposta a tomar. O socialistas solicitan ao goberno de Feijoo un protocolo aceptado polas Anpas, os profesores, e os concellos e piden que non se esqueza das súas obrigas e competencias e deixen de votar balóns fóra pedindo que sexan os colexios quen adiante os fondos e trasladando as responsabilidades ao goberno de España.

Dende o seo do PSdeG solicitan que o goberno da Xunta “asuma a súa responsabilidade e dialogue” para suplir a fenda social e de futuro que se abrirán; que se dote aos centro dos recursos económicos “extraordinarios” necesarios; que se estableza unha reunión urxente coa FEGAMP para valorar todos os recurso para o desenvolvemento do curso; que se garanta o funcionamento dos comedores escolares e que o Concello de Ourense incremente as bolsas comedor para suplir s demandas orixinadas durante este curso.