Mañá celebrarase o pleno de designación de competencias do goberno do Carballiño

A corporación do concello do Carballiño reunirase mañá na primeira sesión plenaria do mandato. Neste pleno designaranse as competencias dos seis concelleiros, que terán que repartirse as correspondentes aos tres que perdeu o grupo socialista nas últimas eleccións.

Así, as áreas de Medio Ambiente, Servizos Sociais e Persoal, Protección Civil e Emerxencias serán repartidas, e outras como Comercio serán traspasadas. O alcalde, Francisco Fumega, explicounos como quedará o cadro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén se debaterán as dedicacións exclusivas e parciais e das asignacións económicas dos grupos políticos. E por último, como se xestionará o concello coa creación de comisións e periodicidade dos plenos.