Ourense repunta despois dun mes con 40 novos contaxios nun día

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 350 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 7.419, unha cifra que descende con respecto á xornada de onte. A presión asistencial descendeu tamén notablemente. Hoxe hai 65 (-2) persoas na UCI, e 349 ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe rexistra 44 casos novos confirmados por PCR e 30 altas. Trátase da primeira suba importante do último mes. A cifra total baixa, situándose nos 450, 14 máis ca onte. Os hospitais reducen un pouco a presión. Hoxe hai 46 persoas hospitalizadas nos tres hospitais da provincia; deles, 6 están na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES