O Nadal chegou ós colexios da vila con actividades de normalización lingüística

Dende a Área de Educación e o Servizo de Normalización do Concello do Carballiño, quixeron achegar unha nota de cor e levar aos centros educativos da vila o Nadal máis tradicional con actuacións e sesións de conta contos, sempre respectando a aula barbulla e a normativa referente a COVID.

As actividades comezaron con “Un misterio de Nadal”, unha sesión de contacontos con música que Quique e Carlos, membros de Polo Correo do Vento, achegaron ós nenos e nenas de 4 anos. Nesta sesión a investigadora Peregrina tentou resolver os casos e misterios máis complexos, sempre ben acompañada do seu can Magnum.

AVANTAR ACTIVIDADES

Continuaron cas actividades para o alumnado de 4º de Educación Primaria nesta ocasión a cargo da compañía Fantoches Baj ca obra “O Castiñeiro do Apalpador”. O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os cativos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofréce lle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador….