A Deputación de Ourense aproba o Plan provincial de cooperación cos concellos 2021, dotado con 15 millóns

Pleno ordinario da Deputación Ourense correspondente ó mes de decembro de 2020. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

O pleno de decembro deu luz verde a este programa, no que se destinan, entre outras partidas, máis de 4 millóns a obras nos concellos e 1,5 millóns a melloras na rede viaria provincial

Pleno ordinario da Deputación Ourense correspondente ó mes de decembro de 2020. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

A corporación aprobou tamén as bases para subvencións a proxectos empresariais ou de auto-emprego en municipios rurais en declive demográfico, no marco do proxecto EmprendOU; e, asemade, a modificación do programa para co-financiar a rede provincial de espazos culturais e a súa programación

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 18 de decembro de 2020.- O pleno ordinario da Deputación de Ourense, celebrado hoxe, por vía telemática por mor das medidas de prevención do COVID-19, aprobou o Plan Provincial de cooperación cos concellos e de estradas 2021, e o Plan complementario, cunha dotación total de 15,3 millóns de euros. Neste sentido, entre as partidas orzamentarias deste plan figuran máis de 4 millóns de euros a obras nos concellos e 1,5 millóns para melloras na rede viaria provincial.

A corporación aprobou tamén hoxe as bases para subvencións a proxectos empresariais ou de auto emprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia, no marco do proxecto EmprendOU, e a modificación do programa para o co-financiamento da rede provincial de espazos culturais e da súa programación.

Acordos do pleno:

Concello de Vilamarín. Delegación de xestión dos tributos

Acordo:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Vilamarín a favor da Deputación Provincial para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva (ICIO só executiva), así como a revisión dos actos ditados dos seguintes tributos e ingresos de dereito público: Imposto de bens inmobles (IBI), Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), Imposto sobre actividades económicas (IAE), Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) en executiva, Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos, Taxa polo abastecemento de auga (excepto os dereitos de conexión á rede xeral), e a recadación dos gastos derivados de execucións forzosas.

Concello de Larouco. Delegación de xestión de tributos

Acordo:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Larouco a favor da Deputación Provincial para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, así como a revisión dos actos da taxa polo abastecemento de auga domiciliaria nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Larouco.

Proxecto EmpredOU

Acordo:

Aprobar a modificación do texto refundido das bases reguladoras das subvencións para proxectos empresariais ou de auto-emprego en municipios rurais de menor poboación, no marco do proxecto EmprendOU, publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de data 07 de maio de 2020 (BOP número 107). O obxecto destas bases é a regulación da tramitación, concesión e xustificación das subvencións que outorgue a Deputación Provincial de Ourense, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de auto emprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense durante o exercicio 2019, 2020, 2021 e 2022, no marco do proxecto EmprendOU.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo da actividade subvencionada, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses. Estes períodos terán que cumprirse antes do 31 de decembro de 2022, data límite ata a que se subvencionarán os proxectos presentados. As solicitudes poderán presentarse en calquera momento dende a publicación da convocatoria e ata o 30 de xuño de 2022.

Rede Provincial de Espazos Culturais

Acordo:

Aprobar inicialmente a modificación do Programa de cooperación da Deputación de Ourense cos concellos para o co-financiamento da rede provincial de espazos culturais e a programación coordinada de actividades a nivel provincial (REAOU). O obxecto destas bases é a regulación do Programa provincial de cooperación cos concellos no eido da cultura para o exercicio 2021, co obxecto de co-financiar e cooperar conxuntamente cos concellos no fomento e a difusión das artes escénicas e da música na provincia, a través da Rede de espazos culturais (auditorios, casas de cultura e centros multiusos) da provincia de Ourense, establecendo, así mesmo, o seu marco regulador para este exercicio.

Plan Provincial de Cooperación

Acordo:

Aprobar inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2021 (Plan Base), co detalle que figura na relación de obras para o efecto redactada, co seguinte resumo:

PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ESTRADAS
  DEPUTACIÓN CONCELLOS TOTAL
1.- Obras municipais 3.018.135,75 € 1.129.247,08 € 4.147.382,83 €
2.- Adhesión á base 9ª 1.252.364,25 €   1.252.364,25€
2.- Rede Viaria Deputación 1.500.000,00 €   1.500.000,00 €
TOTAL 5.770.500,00 € 1.129.247,08 € 6.899.747,08 €
PLAN COMPLEMENTARIO
  DEPUTACIÓN CONCELLOS TOTAL
Obras municipais 1.960.000,00 € 146.114,90 € 2.106.114,90 €
Rede Viaria Deputación 6.363.296,00 €   6.363.296,00 €

Someter o Plan a información pública mediante anuncio no BOP, para que se poidan formular alegacións ou reclamacións durante o prazo de 10 días. Se se presentan alegacións ou reclamacións o Plan debe ser sometido novamente a Corporación Provincial, para o acordo de aprobación definitiva. No caso de que non se presenten alegacións ou reclamacións, o Plan entenderase definitivamente aprobado, sen necesidade de novo acordo.

Ponte sobre o río Xares

Acordo:

Solicitar da Deputación que impulse a creación dunha comisión representativa entre as administracións (Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica, Deputación Provincial e Concello do Bolo), con representación dos partidos políticos representados na Deputación, para buscar solucións para reconstrución da ponte sobre o río Xares, que une as localidades da Barxa e Seixo no Concello do Bolo

Comercio de proximidade e produtores locais

Acordo:

-A Deputación de Ourense elaborará un censo dos produtores locais de cada un dos concellos da provincia.

-A Deputación de Ourense co obxectivo de fomentar o coñecemento dos nosos produtores daralle a difusión precisa entre a veciñanza e os comercios locais favorecendo as sinerxias entre os mesmos. Fomentando o tecido produtivo e comercial local, polos medios que se consideren oportunos.

-Instar á Xunta de Galiza a crear axudas directas e incrementar as existentes con cargo aos orzamentos da mesma para o comercio de proximidade e os talleres e empresas de artesanía.

-Instar ó Goberno do Estado a pór en marcha un modelo de impostos xustos e equitativos para as grandes empresas que operan no comercio online, de xeito que fagan un esforzo fiscal cando menos igual ao que soportan o comercio e produtores locais.