Os ciberataques ransomware, analizados por expertos nunha nova live session de IESIDE

IESIDE presenta a live session «Evitando ciberataques ransomware, técnica ou xestión?» a cargo de Susana Rey, Iago Crespo e Juan González. Emitirase mañá martes 20 de abril a partir das 18.00 h. Para poder acceder é preciso realizar unha inscrición nesta ligazón.

O aumento de ataques buscando extorsionar empresas está cada día máis á alza; pódese ler todas as mañás ao abrir calquera xornal. Aínda que existe un pensamento xeneralizado en torno a que estes temas son puramente tecnolóxicos, existe un prexuízo colateral que afecta á perda de beneficios, dano reputacional e disrución da operativa. Están as empresas preparadas para un risco que pode deixar tocada de morte unha organización?

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste panel de debate participarán os CISO de 3 empresas de referencia e membros do claustro do Programa Experto en Gestión de la Ciberseguridad, quen presentarán de primeira man o seu modo de xestión da ciberseguridade nas súas respectivas organizacións.

Moderado por Antonio Fernandes, Cybersecurity Manager en FINSA, no panel de debate interveñen: Susana Rey Baldomir, DPO de Euskaltel e ex CISO de R; Iago Crespo, BISO en UFD (Naturgy); e Juan González Martínez, director de Ciberseguridad e Privacidad en Gradiant.