Araújo pide desenvolver un Plan Municipal de Saúde Mental

O portavoz do Grupo Municipal de Ciudadanos asegura que as consecuencias psicolóxicas da COVID-19 poden ocasionar “outra pandemia silenciosa”

O portavoz do Grupo Municipal de Ciudadanos Ourense, Pepe Araújo, presentou unha moción, que se votará no pleno do próximo venres, coa que pretende lograr os apoios necesarios para desenvolver un Plan Municipal de Saúde Mental.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Despois dun ano de restricións sociais e de mobilidade; illamento social e cultural; perda ou deterioración de empregos e de incerteza xeneralizada, é de esperar que nos próximos meses notemos as consecuencias en materia de saúde mental”, asegurou.

Na súa proposta, Araújo expón unha serie de datos que poñen de relevo o aumento exponencial dos problemas de saúde mental en España, especialmente, desde a irrupción da pandemia da Covid-19 no noso país, e lembra as recomendacións da ONU de maio de 2020, sobre a necesidade de tomar medidas especiais para coidar a saúde mental no marco dun aumento dos suicidios

“É evidente que aumentaron os trastornos de depresión e ansiedade, tensión, insomnio, soidade non desexada, patoloxías e mesmo condutas disruptivas contra a saúde propia como intentos de suicidio ou abandono dos autocuidados aos que teremos que facer fronte nos próximos meses. Podemos estar #ante unha pandemia silenciosa”.

Araújo considerou fundamental modificar os determinantes sociais, identificar os colectivos en situación de vulnerabilidade e desenvolver mecanismos de protección social e individual, para o que expón ao o establecemento dun Plan Municipal de Saúde Mental que aborde tanto a sensibilización social para reducir o estigma e combater mitos en aras de fomentar a procura de axuda e a detección precoz do problema, como a sensibilización da poboación, entre os máis novos, sobre a gravidade desta problemática.