O PP de Ribadavia pide celeridade na adxudicación da mellora de camiños rurais

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha solicitude no rexistro municipal instando ao goberno a acelerar a adxudicación da obra de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Os populares sinalan que, ao tratarse de traballos de rega asfáltica, é mellor que se leven a cabo no verán para aproveitar as mellores condicións climatolóxicas.

As actuacións que se deben levar a cabo dentro deste programa de mellora de camiños rurais, aprobadas e solicitadas polo goberno municipal do Partido Popular, antes de que PSOE e Ribeiro en Común acordaran botar ao PP do goberno, permitirán dotar de capa de rodadura asfáltica a dous camiños de acceso a parcelas agrícolas que ata o de agora tiñan a capa de rodadura de terra. Trátase dunha pista da concentración parcelaria en Santo André de Camporredondo, e do camiño das Ánimas Vellas en San Cristovo de Regodeigón

AVANTAR ACTIVIDADES

Os populares agardan que o goberno de Ribadavia axilice a adxudicación e execución desta obra que permitirá mellorar estes dous camiños que dan acceso a numerosas parcelas agrícolas do concello e que, polo tanto, dan servizo a unha gran cantidade de veciños e veciñas das localidades de San Cristovo e Santo André. As obras, proxectadas e solicitadas polo anterior goberno suporán para Ribadavia un investimento total de 36.633,96 € na mellora destes dous camiños.