A Ruta do vermut Povarelo chega á súa segunda edición e con intención de facerse máis grande. Este ano, a ruta será 12 días seguidos e con 43 locais participantes. Ca consumición de vermut Povarelos servirase un pincho e entrarase nun sorteo de premios entre os que se atopa a estancia dunha fin de semana no hotel da Toxa. O sorteo terá lugar o día 3 de agosto ante notario.
Dende Paniagua quixeron agradecer o apoio do concello e tamén da hostalaría, un sector moi castigado por esta pandemia.
O concelleiro de Turismo participou nesta presentación, destacando a aposta económica e de emprego para O Carballiño, tanto da empresa Paniagua coma do sector da hostalaría, con gran peso nesta vila.