O programa “Monumenta” chega a Cea para dar a coñecer a orixe do seu pan

IES CHAMOSO LAMAS

Este sábado día 21, dende as 10:00 horas dende a praza maior e chegada ás 14:00 horas, dará comezo a ruta dentro do programa “Monumenta”, posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Nesta localidade elabórase un pan dunha excepcional calidade que lle permitiu lograr unha gran notoriedade. Os visitantes coñecerán como e onde se elabora o pan de Cea, o patrimonio monumental e natural e percorrerán un pequeno tramo dun sendeiro circular que coincide co antigo Camiño Real ao mosteiro de Oseira.

HIPER MASIDE

Ao final da andaina, compartirán un faladoiro onde analizarán algunhas reflexións sobre cidadanía e ruralidade cos seguintes convidados: Aboamigalla, Acisclo Novo, Nela Biosense, O Reberete entre outros.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV