O PSOE de Leiro solicita actividades culturais para o concello

Os socialistas de Leiro, indican ó equipo de goberno que esta pandemia está a demostrar a importancia da cultura e critican que o concello non apostara por ela. Aseguran que, por iso é necesario que o concello teña unha alternativa cultural coma outros concellos na contorna e que realicen todo tipo de actividades, con diversos programas culturais con danza, música, teatro, circo ….

Por outra banda, os socialistas propoñen que se faga unha oferta cultural dotada de recursos económicos e técnicos suficientes, , coa ampliación do escenarios ao aire libre como por exemplo a zona do Salgueiral. Un programa para todos os públicos, que ten en conta aos nosos nenos e mozos, ofrecéndolles acceso á cultura como alternativa de lecer saudable en vez de criminalizalos.

AVANTAR ACTIVIDADES