O Concello de Ribadavia parabenizase pola subvención conquerida para o Asilo.

Agradecemos a creación dunha partida da Deputación para o 2022, sumándose á creada polo Concello en 2021 para o Asilo, a cal continuará en 2022 coa intención de que se consolide de forma permanente.

Desde o Concello reclamouse en varias ocasións o apoio da Deputación a varios proxectos para Ribadavia, entre eles o establecemento dunha Axuda estable ao Asilo de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O pasado 2 de agosto representantes do Concello de Ribadavia trasladaron ao goberno da Deputación provincial a necesidade de aprobar unha subvención solicitada desde o Asilo de Ribadavia en decembro do ano pasado de 80.000 euros.

Ademais, xa o Pleno de xuño deste ano aprobara un acordo municipal que reclamaba o apoio da Deputación ao Asilo de Ribadavia. Algo xa recordado no mes de marzo, cando o Concello de Ribadavia aprobara os Orzamentos 2021, creando por primeira vez unha partida específica de Axuda do Concello de Ribadavia ao Asilo por valor de 10.000 euros.

Desde O Concello parabenizamonos por esta nova partida da Deputación, que se suma á creada polo Concello nos Orzamentos 2021, e agardamos sexa unha axuda estable que permaneza tamén no tempo, co obxectivo de apoiar de maneira permanente ao noso Asilo.

Desde o Concello agradecemos á Deputación este apoio, e agardamos que os demais proxectos planteados polo Concello tamén poidan ir obtendo o apoio e cooperación da Deputación. Proxectos de mellora de espazos importantes do municipio tales como a Biblioteca municipal, Local Social da Madalena, Oficina Turismo e Museo Xudeu, edificios dos CRA (Colexios Rurais Agrupados), MIT, Galiña Azul, ou San Xes. Así como a mellora da oferta de servizos sociais, tan importantes en Ribadavia coma é un Centro de Día, ou obras importantes e moi necesarias como o arranxo da Estrada da Veronza, e o proxecto de reforma integral do Pavillón Municipal de Deportes. Ademais da necesidade de atopar unha solución á situación do Campo do Xestal.

Agardamos e desexamos que a cooperación da Deputación co noso Concello continúe, será polo ben de Ribadavia e dos ribadavienses, pola nosa parte faremos todo o posible para que así sexa.