A Xunta de Goberno da Deputación aproba axudas para os concellos da contorna

A xunta de goberno da Deputación de Ourense, aprobou a concesión de máis de 380.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e asociacións veciñais e culturais. 

En cooperación cos concellos, Cortegada contará con 48.000 euros para a rehabilitación dun edificio polivalente; Punxín acometerá o peche da área termal do Bañiño cunha achega de 7.110 euros; e San Cristovo de Cea recibirá 48.000 euros para o tratamento paisaxístico e axardinamento do espazo municipal para o fomento do emprendemento situado no polígono industrial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que respecta a cooperación con entidades, concedeu unha subvención de 48.000 euros á Asociación Castro de Santa Lucía de Freás, en Castrelo de Miño, para a primeira fase da sede do colectivo veciñal; e 11.280 euros ao colectivo cultural Liradavia con destino ás obras de reforma e acondicionamento de aulas do CEIP plurilingüe de Ribadavia, para o desenvolvemento da actividade docente da Escola de Música Mestre Veneroni.