Cea e oito concellos máis reciben material para facer fronte ás nevaradas

IES CHAMOSO LAMAS

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe de equipos de coitelas de neve para mellorar a capacidade de resposta fronte ás nevaradas. A Xunta reforza así o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de nove municipios, entre eles, San Cristovo de Cea.

Os concellos adxudicatarios destas coitelas están incluídos no Plan Nega (Plan de Nevaradas de Galicia) que teñen unha altitude media por enriba dos 500 metros e resultan ser os mais castigados por xeadas e nevadas, o que fai moi necesario este material para manter a viabilidade nas vías de comunicación.

HIPER MASIDE

A través desta nova orde cedéronse 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, seis remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, oito coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV