O secretario xeral de Emigración asiste aos actos do Xacobeo que organiza o Centro Gallego de Valencia, con María do Ceo como artista invitada

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde aos actos que organizou o Centro Gallego de Valencia, no Ateneo desta localidade, dedicados ao Xacobeo 21.22 e que contaron con un concerto da artista galega María do Ceo como artista invitada.

O acto comezou cunha conferencia a cargo de LIta Fernández, presidenta da Federación Española de Caminos de Santiago e de Amigos de Santiago de Valencia, quen analizou ante os presentes o Camiño de Santiago de Levante, levandose a cabo posteriormente, por parte do presidente da entidade galega, Manuel Fortes, a presentación da antoloxía poética “O Camiño das Estrelas”, que fala, en galego, castelán e valenciano, da experiencia que supón para o peregrino viaxar ata Compostela. A xornada completouse cun concerto de María do Ceo.

AVANTAR ACTIVIDADES