Comeza a campaña de comercio para o Nadal de Ribadavia.

Onte o Concello e Establecementos Asociados do Ribeiro presentaron as súas actividades para o comercio de Nadal en Ribadavia.

COMEZOU O BONO COMERCIO NADAL 2021: Entra hoxe en vigor o Bono Comercio de Nadal con máis de 30 Establecementos adheridos a esta Campaña. Este Bono ofrece 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra no comercio local de Ribadavia. Desde o Concello quérese con esta medida fomentar as compras no comercio local nunha campaña moi importante para o sector.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta axuda ao comercio estará dispoñible desde hoxe e ata final de ano, o 31 de decembro incluído.

Nas vilas e municipios como o noso, o sector do comercio é unha sector socioeconómico clave. Ademais, supón darlle vida a Ribadavia en todos os sentidos.

CONVENIO CO ASOCIACIÓN EAR: O Concello asinou un convenio con Establecementos Asociados do Ribeiro por valor de 2.500 euros, co obxectivo de fomentar as actividades de animación en Nadal.

ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS DO RIBEIRO: Esta fin de semana o comercio local de Ribadavia abrirá as súas portas. É unha xornada ampliada de promoción e dinamización da principal campaña do comercio que supón o Nadal.

ANIMACIÓN DA RUA para os dias 18 e 19 de decembro, con pases de mañá e tarde día 18 decembro pases 12:00 a 13:30 e 18:00 a 19:30, dia 19 decembro de mañá de 12.00 a 13:30, Comunican desde EAR que o comercio local  permanecerá abertos para animar as compras de nadal.

Desde o Concello facemos un chamamento a todos os veciños de Ribadavia e do Ribeiro a realizar nestas datas todas as compras posibles no comercio local e comarcal.